martes, 12 de junio de 2012

A profundización da crise inmobiliaria en España




Neste vídeo do N.Y. Times, a xornalista Gretchen Morgenson explica por que os mercados non se poden permitir que España, a duodécima economía mundial, siga o mesmo camiño ca Grecia.
Na orixe da nosa crise económica está a creación dun sector inmobiliario colosal e sobredimensionado. A diferenza da burbulla inmobiliaria estadounidense, que se inflou grazas á financiación a través de créditos subprime, a burbulla española, de dimensións aínda maiores, debiuse principalmente ao entusiasmo de compradores de toda Europa por adquirir unha segunda vivenda en España.

Agora a exposición dos bancos españois ao sector inmobiliario, aos servizos inmobiliarios e á construción é tal, que preto dun 40% dos préstamos de crédito malo proveñen deste sector.

Lamentablemente, segundo Morgenson, España carece das ferramentas políticas necesarias para resolver esta monumental crise inmobiliaria porque pertence á euro zona e, por tanto, non pode monetizar a súa débeda como o fixo E.U. no seu momento.

Sen embargo, para unha economía tan grande como a española, a solución á crise non pode ser o abandono do euro. A consecuencia sería un inevitábel efecto dominó, sendo Italia o primeiro país en sufrir os efectos do contaxio, como empeza a comentar a prensa internacional.

Acceda desde aquí ao vídeo do N.Y. Times: http://nyti.ms/LpeVgN

jueves, 7 de junio de 2012

Camiño de Caión. Luar na Lubre

Luar na lubre acaba de presentar o seu novo álbum "Mar maior", que inclúe  a canción "Camiño de Caión". Hoxe xoves, 7 de xuño, interpretaron este tema en directo no programa "En días como hoy" de RNE.

Para ver a letra da canción, pódese visitar a web do grupo: http://www.luarnalubre.com/letras_disco.php?cat=226&id=180&idioma=es

miércoles, 6 de junio de 2012

Unha de cal e outra de area.

 Así está o panorama actual para o mercado inmobiliario. No lado mais negativo atopamos as críticas da Unión Europea á política fiscal en España, incluídas as vantaxes existentes pola compra de vivenda. Axiña veremos como a necesidade dun rescate a España--posibilidade que aínda non se descartou de todo--ou a inevitable recapitalización da banca española inflúen nas decisións do goberno de España con respecto ás exencións fiscais pola compra de vivenda, ao axuste de prezos no sector inmobiliario e á subida do I.V.E., entre outros temas.

No lado mais positivo, que cómpre buscar moito e ben para atopar, destaca a baixada do Euribor no mes de maio.

Pode ler as noticias completas aquí:

bruselas pide a españa retirar las desgravaciones por compra de vivienda (idealista.com)

Un alivio de 730 euros para los hipotecados (ventadepisos.com)

miércoles, 30 de mayo de 2012

Espectacular Galicia

No día a día na nosa cidade, vila ou aldea non sempre temos tempo para contemplar as paisaxes rurais, costeiras ou urbanas como se merecen. Ás veces non nos decatamos do fermosa que é a nosa terra ata que vemos imaxes fotografiadas ou filmadas dun xeito tan espectacular como as do pequeno vídeo que incluímos aquí. Goce do vídeo de promoción que a Televisión de Galicia (TVG) publicou no sitio web da CIRCOM (Asociación Europea de Televisións Rexionais).

lunes, 28 de mayo de 2012

Investimento estranxeiro en Galicia: una inxección de esperanza

Acaba de publicarse unha nova importante sobre o porto exterior da Coruña, Punta Langosteira, situado moi preto de Caión. Unha empresa chinesa, Beijing 3E comprometeuse a realizar os estudios de viabilidade para instalar alí unha planta de reciclaxe de aceite.

As reaccións foron rápidas e entusiastas: o alcalde da Coruña cualificou a iniciativa como “...a esperanza branca do emprego en Galicia.”

Para os que nos preocupamos polo  medio ambiente, Beijing 3E xa saíu a tranquilizarnos, prometendo que "usarán procesos tecnolóxicos de última xeración e respectuosos co medio ambiente".

Outra noticia clave foi a sinatura dun contrato coa 4ª empresa petroleira do mundo, a mexicana Pemex. Non todas as reaccións a este gol que se anotou o equipo do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, foron positivas, como demostra a prensa. O presidente galego negouse a ensinar o acordo, como lle pediron desde a oposición e xa se desculpou con Pemex polas sospeitas dos seus rivais políticos.
El País
europapress
Unha empresa china estuda invertir 270 millóns en Punta Langosteira 

Para os posibles inversores en terreos ou propiedades na zona, a nova pode ser moi boa. Parece o momento de pensar seriamente en inverter en Caión. 

Amplío estes temas no artigo que publiquei en Technorati.com:

sábado, 28 de abril de 2012

Propostas para reactivar un sector inmobiliario en crise

Ninguén debería desexar outra burbulla inmobiliaria como a que nos meteu nesta crise económica. Teríamos que avogar por un desenvolvemento equilibrado e sostible mentres aínda estamos a tempo.

Na nosa sociedade a vivenda forma parte esencial da nosa vida e polo tanto da nosa paisaxe. Demasiadas veces, deixamos que estas construcións se propagasen polo noso contorno como se dun invasor se tratase. Outras, pola contra, conseguimos que as obras arquitectónicas convivisen coa paisaxe en harmonía.

Se algunha das medidas que nos propoñen no artigo contribúen realmente a reactivar este mercado inmobiliario tan castigado, algo que tanto compradores como vendedores estamos desexando, e se o conseguen facer de xeito sostible, daquela serán benvidas.
Acceda desde aquí al artículo publicado en idealista.com

martes, 10 de abril de 2012

Simocracia (Aleix Saló)


Book-trailer de "Simiocracia, Crónica de la Gran Resaca Económica", editada por DeBolsillo. Máis información en http://www.aleixsalo.com