martes, 12 de junio de 2012

A profundización da crise inmobiliaria en España




Neste vídeo do N.Y. Times, a xornalista Gretchen Morgenson explica por que os mercados non se poden permitir que España, a duodécima economía mundial, siga o mesmo camiño ca Grecia.
Na orixe da nosa crise económica está a creación dun sector inmobiliario colosal e sobredimensionado. A diferenza da burbulla inmobiliaria estadounidense, que se inflou grazas á financiación a través de créditos subprime, a burbulla española, de dimensións aínda maiores, debiuse principalmente ao entusiasmo de compradores de toda Europa por adquirir unha segunda vivenda en España.

Agora a exposición dos bancos españois ao sector inmobiliario, aos servizos inmobiliarios e á construción é tal, que preto dun 40% dos préstamos de crédito malo proveñen deste sector.

Lamentablemente, segundo Morgenson, España carece das ferramentas políticas necesarias para resolver esta monumental crise inmobiliaria porque pertence á euro zona e, por tanto, non pode monetizar a súa débeda como o fixo E.U. no seu momento.

Sen embargo, para unha economía tan grande como a española, a solución á crise non pode ser o abandono do euro. A consecuencia sería un inevitábel efecto dominó, sendo Italia o primeiro país en sufrir os efectos do contaxio, como empeza a comentar a prensa internacional.

Acceda desde aquí ao vídeo do N.Y. Times: http://nyti.ms/LpeVgN

No hay comentarios:

Publicar un comentario