martes, 12 de junio de 2012

A profundización da crise inmobiliaria en España




Neste vídeo do N.Y. Times, a xornalista Gretchen Morgenson explica por que os mercados non se poden permitir que España, a duodécima economía mundial, siga o mesmo camiño ca Grecia.
Na orixe da nosa crise económica está a creación dun sector inmobiliario colosal e sobredimensionado. A diferenza da burbulla inmobiliaria estadounidense, que se inflou grazas á financiación a través de créditos subprime, a burbulla española, de dimensións aínda maiores, debiuse principalmente ao entusiasmo de compradores de toda Europa por adquirir unha segunda vivenda en España.

Agora a exposición dos bancos españois ao sector inmobiliario, aos servizos inmobiliarios e á construción é tal, que preto dun 40% dos préstamos de crédito malo proveñen deste sector.

Lamentablemente, segundo Morgenson, España carece das ferramentas políticas necesarias para resolver esta monumental crise inmobiliaria porque pertence á euro zona e, por tanto, non pode monetizar a súa débeda como o fixo E.U. no seu momento.

Sen embargo, para unha economía tan grande como a española, a solución á crise non pode ser o abandono do euro. A consecuencia sería un inevitábel efecto dominó, sendo Italia o primeiro país en sufrir os efectos do contaxio, como empeza a comentar a prensa internacional.

Acceda desde aquí ao vídeo do N.Y. Times: http://nyti.ms/LpeVgN

jueves, 7 de junio de 2012

Camiño de Caión. Luar na Lubre

Luar na lubre acaba de presentar o seu novo álbum "Mar maior", que inclúe  a canción "Camiño de Caión". Hoxe xoves, 7 de xuño, interpretaron este tema en directo no programa "En días como hoy" de RNE.

Para ver a letra da canción, pódese visitar a web do grupo: http://www.luarnalubre.com/letras_disco.php?cat=226&id=180&idioma=es

miércoles, 6 de junio de 2012

Unha de cal e outra de area.

 Así está o panorama actual para o mercado inmobiliario. No lado mais negativo atopamos as críticas da Unión Europea á política fiscal en España, incluídas as vantaxes existentes pola compra de vivenda. Axiña veremos como a necesidade dun rescate a España--posibilidade que aínda non se descartou de todo--ou a inevitable recapitalización da banca española inflúen nas decisións do goberno de España con respecto ás exencións fiscais pola compra de vivenda, ao axuste de prezos no sector inmobiliario e á subida do I.V.E., entre outros temas.

No lado mais positivo, que cómpre buscar moito e ben para atopar, destaca a baixada do Euribor no mes de maio.

Pode ler as noticias completas aquí:

bruselas pide a españa retirar las desgravaciones por compra de vivienda (idealista.com)

Un alivio de 730 euros para los hipotecados (ventadepisos.com)