![]() |
Acta da reunión no concello de A Laracha: 5 de xaneiro, 1932 |
En Galicia, onde lle temos tanto amor á terra, fálase moito da herdanza. Pero non só existe a herdanza de bens materiais que nos transmite a familia (como o solar que agora poñemos en venta), senón que tamén existe o patrimonio histórico-artístico e cultural que herdamos como pobo e que inclúe o patrimonio documental.
Vou empregar aquí o termo herdanza ou patrimonio documental para me referir aos documentos que tamén herdamos na nosa familia, tanto escrituras da propiedade como poderes, cartas persoais, fotos, diarios e, curiosamente, a acta dunha reunión no concello da Laracha asinada o 5 de xaneiro do ano 1932, entre outros, por os meus avós (materno e paterno), concelleiros durante a Segunda República.
No hay comentarios:
Publicar un comentario