Este blog converteuse en algo máis que unha iniciativa empresarial. Xa non se trata tan só de ofrecer unha extraordinaria oportunidade inmobiliaria. Para min transformouse nun espazo onde compartir memorias, anécdotas e vellas historias cos meus lectores—anécdotas, memorias e historias relacionadas co patrimonio da miña familia, co lugar onde naceu meu pai, con unha incrible vila pesqueira chamada Caión. Gozo moito escribindo sobre as historias e contos que veño escoitando durante toda a miña vida, como a historia real que estou a piques de rememorar.


Resultou que miña nai era unha muller moi
traballadora e unha excelente cociñeira. Meu pai era tamén un traballador
incansable, pero cando se trataba da cociña, era o suficientemente intelixente
como para non se atrever coa esta arte. Pronto converteron esa pequena tenda, nun
café-bar, restaurante e hostal, que logo se fixo tan popular cos turistas de
Madrid e outras zonas de España e Galicia, como cos habitantes do lugar.

Nunha das miñas entradas mencionei a popularidade da tortilla española que facía miña nai e prometín subir a súa receita. Pois aquí está. Pero a tortilla, ese prato tan controvertido, non era o único popular que había na carta. Miña nai tamén preparaba outras especialidades como marisco, callos e carne asada, entre outros. Ao final tamén se celebraban vodas no restaurante. O seu negocio tivo éxito e fíxose tan famoso, que ata unha asociación de chefs franceses pediu organizar unha reunión gastronómica no restaurante de meus pais. Eran os tempos de Picadillo, non de Martín Berasategui.

As estradas non eran como as de hoxe en día e o
camiño a Caión era un dos máis aterradores da zona. Non cabe dúbida de que a
paisaxe e a beleza natural desta paraxe única, así como a impresionante
gastronomía estaban detrás de tales aventuras.
A estrada a Caión xa non é tan impoñente e a vila
está ben comunicada, pero por sorte non perdeu o seu encanto. Se a beleza na
natureza non desvanece por que ten que facelo a nosa?
No hay comentarios:
Publicar un comentario