Aquí teñen outra deliciosa receita de Clara Leis. Esta vez trátase dun doce tipicamente español: polvoróns de Nadal que podemos gozar durante todo o ano.
Constrúa a súa casa ou apartamentos nun marco natural incomparable.
miércoles, 30 de noviembre de 2011
domingo, 27 de noviembre de 2011
Empresarios e aventureiros
Este blog converteuse en algo máis que unha iniciativa empresarial. Xa non se trata tan só de ofrecer unha extraordinaria oportunidade inmobiliaria. Para min transformouse nun espazo onde compartir memorias, anécdotas e vellas historias cos meus lectores—anécdotas, memorias e historias relacionadas co patrimonio da miña familia, co lugar onde naceu meu pai, con unha incrible vila pesqueira chamada Caión. Gozo moito escribindo sobre as historias e contos que veño escoitando durante toda a miña vida, como a historia real que estou a piques de rememorar.


Resultou que miña nai era unha muller moi
traballadora e unha excelente cociñeira. Meu pai era tamén un traballador
incansable, pero cando se trataba da cociña, era o suficientemente intelixente
como para non se atrever coa esta arte. Pronto converteron esa pequena tenda, nun
café-bar, restaurante e hostal, que logo se fixo tan popular cos turistas de
Madrid e outras zonas de España e Galicia, como cos habitantes do lugar.

Nunha das miñas entradas mencionei a popularidade da tortilla española que facía miña nai e prometín subir a súa receita. Pois aquí está. Pero a tortilla, ese prato tan controvertido, non era o único popular que había na carta. Miña nai tamén preparaba outras especialidades como marisco, callos e carne asada, entre outros. Ao final tamén se celebraban vodas no restaurante. O seu negocio tivo éxito e fíxose tan famoso, que ata unha asociación de chefs franceses pediu organizar unha reunión gastronómica no restaurante de meus pais. Eran os tempos de Picadillo, non de Martín Berasategui.

As estradas non eran como as de hoxe en día e o
camiño a Caión era un dos máis aterradores da zona. Non cabe dúbida de que a
paisaxe e a beleza natural desta paraxe única, así como a impresionante
gastronomía estaban detrás de tales aventuras.
A estrada a Caión xa non é tan impoñente e a vila
está ben comunicada, pero por sorte non perdeu o seu encanto. Se a beleza na
natureza non desvanece por que ten que facelo a nosa?
Labels:
cociña,
costa,
emprendedor,
historia,
negocio,
praia,
receta,
restaurante,
turismo
Mar de Caión: uns videos con historia
Hai pouco descubrín esta serie de videos documentais que ofrecen moitos detalles históricos e actuais sobre a vila
de Caión e os seus habitantes.
Contrastando opinións
Sempre é
interesante contrastar opinións. As seguintes novas e entrevista falan das
previsións e propostas para reactivar o sector inmobiliario español.
Vender unha propiedade no medio de tanta confusión
A situación
actual é difícil para todos, non só para o sector inmobiliario. Fai uns días publiquei
un artigo en technorati.com sobre a venta da propiedade inmobiliaria no medio desta
situación económica tan confusa e incerta.
O mercado de vivendas e terreos está parado. E o caso é que nin os
compradores queren pagar o que consideran prezos demasiado elevados, nin os vendedores
parecemos dispostos a regalar as nosas propiedades. Haberá que chegar a un
acordo que sirva tanto para compradores como para vendedores, non si?
Aquí os deixo con un extracto do artigo:
"In
the meantime buyers—investors with plenty of equity—are looking for a good
bargain. Sellers, however, won't give their property away at a cheap price, and
so the real estate market is at a standstill and no one can say what direction
it will follow. Selling property is a short-term goal that in Spain has
necessarily become a medium or even long-term one."
Para os
que se atrevan co texto completo en inglés, esta é a ligazón:
Selling Property Amidst the Turmoil at technorati.com
Labels:
costa,
crise económica,
sector inmobiliario,
solar,
terreo,
venta
Proxecto de alfabetización das mulleres de Gulabgarh (India)
Prema aquí para visitar o meu blog dedicado ao proxecto. Xa está dispoñible en galego, español, alemán e inglés.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)